Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 8d ago
Προστέθηκε πριν από eight χρόνια
Το περιεχόμενο παρέχεται από το Proxecto Neo. Όλο το περιεχόμενο podcast, συμπεριλαμβανομένων των επεισοδίων, των γραφικών και των περιγραφών podcast, μεταφορτώνεται και παρέχεται απευθείας από τον Proxecto Neo ή τον συνεργάτη της πλατφόρμας podcast. Εάν πιστεύετε ότι κάποιος χρησιμοποιεί το έργο σας που προστατεύεται από πνευματικά δικαιώματα χωρίς την άδειά σας, μπορείτε να ακολουθήσετε τη διαδικασία που περιγράφεται εδώ https://el.player.fm/legal.
Player FM - Εφαρμογή podcast
Πηγαίνετε εκτός σύνδεσης με την εφαρμογή Player FM !
Πηγαίνετε εκτός σύνδεσης με την εφαρμογή Player FM !
Proxecto Neo 407.13: Aquí tamén se fala;Yeray Díaz;Iago Rodríguez;Sara Pico (IES Muralla Romana); Brais Pedreira Taboada
Manage episode 398571962 series 1315140
Το περιεχόμενο παρέχεται από το Proxecto Neo. Όλο το περιεχόμενο podcast, συμπεριλαμβανομένων των επεισοδίων, των γραφικών και των περιγραφών podcast, μεταφορτώνεται και παρέχεται απευθείας από τον Proxecto Neo ή τον συνεργάτη της πλατφόρμας podcast. Εάν πιστεύετε ότι κάποιος χρησιμοποιεί το έργο σας που προστατεύεται από πνευματικά δικαιώματα χωρίς την άδειά σας, μπορείτε να ακολουθήσετε τη διαδικασία που περιγράφεται εδώ https://el.player.fm/legal.
Iniciamos o programa 407 cunha das colaboracións do Aquí TAMÉN SE FALA: desta vez foi unha crónica que nos chegou de Vigo. Concretamente do Instituto Santa Irene. A primeira das músicas serviu para abrir a porta a dúas novas voces no noso programa: as de Yeray Díaz e Iago Rodríguez, que xa levan unhas semanas connosco, en cualidade de observadores. A seguir, Sara Pico, alumna do Instituto Muralla Romana de Lugo, falounos do Concurso Lucus Intercentros, que se celebrou durante este mes de xaneiro. Em Proxecto Neo tamén falamos hoxe de estudos de HOSTELARIA. Foi unha colaboración do Instituto de Foz, que prepara un singular encontro gastronómico a celebrar no próximo día 8 de fevereiro. Finalizamos a emisión cunha conversa sobre ATENCIÓN Á DIVERSIDADE educativa. Neste caso o noso experto foi o profesor BRAIS PEDREIRA TABOADA.
…
continue reading
252 επεισόδια
Manage episode 398571962 series 1315140
Το περιεχόμενο παρέχεται από το Proxecto Neo. Όλο το περιεχόμενο podcast, συμπεριλαμβανομένων των επεισοδίων, των γραφικών και των περιγραφών podcast, μεταφορτώνεται και παρέχεται απευθείας από τον Proxecto Neo ή τον συνεργάτη της πλατφόρμας podcast. Εάν πιστεύετε ότι κάποιος χρησιμοποιεί το έργο σας που προστατεύεται από πνευματικά δικαιώματα χωρίς την άδειά σας, μπορείτε να ακολουθήσετε τη διαδικασία που περιγράφεται εδώ https://el.player.fm/legal.
Iniciamos o programa 407 cunha das colaboracións do Aquí TAMÉN SE FALA: desta vez foi unha crónica que nos chegou de Vigo. Concretamente do Instituto Santa Irene. A primeira das músicas serviu para abrir a porta a dúas novas voces no noso programa: as de Yeray Díaz e Iago Rodríguez, que xa levan unhas semanas connosco, en cualidade de observadores. A seguir, Sara Pico, alumna do Instituto Muralla Romana de Lugo, falounos do Concurso Lucus Intercentros, que se celebrou durante este mes de xaneiro. Em Proxecto Neo tamén falamos hoxe de estudos de HOSTELARIA. Foi unha colaboración do Instituto de Foz, que prepara un singular encontro gastronómico a celebrar no próximo día 8 de fevereiro. Finalizamos a emisión cunha conversa sobre ATENCIÓN Á DIVERSIDADE educativa. Neste caso o noso experto foi o profesor BRAIS PEDREIRA TABOADA.
…
continue reading
252 επεισόδια
Όλα τα επεισόδια
×
1 Proxecto Neo 452.14 - David Rial Bello e Blas Valleres 1:01:07
1:01:07
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:01:07
No pasado día 6 de abril celebrábamos o Dia do Deporte e por iso hoxe falamos con David Rial Bello, adestrador do Burela FS. A seguir viaxamos ate Valencia para conversarmos con Blas Valleres, profesor de Historia do IES Berenguer Dalmau de Catarroja. Con el falamos da situación en que se encontran despois da Dina.…

1 Proxecto Neo 451.14 - Intercambio a Francia, FP Innova, Semana do Ben Estar 1:03:42
1:03:42
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:03:42
Nesta ocasión viaxamos ate Francia para conversarmos con Sara Villarquide e Hugo Fernández, dous integrantes da masa coral Modelo Burela e a súa profesora Karina Parga. Con eles conversamos sobre o intercambio que realizaron nas semanas pasadas co Collège Le Landry en Rennes, na Bretaña. Con eles tamén viaxamos ate París para que nos contem que visitaron e que foi o que mais lles gustou. A seguir conversamos co alumnado do ciclo básico de Servizos Administrativos e a súa profesora Ana Patricia Anaya para sabermos mais sobre a participación do IES Perdouro en FP Innova, feira de mostra de formación profesional. Xa na parte final do programa conversamos con Yolanda Fernández e Javier Rouco, profesores no IES Perdouro, sobre as actividades realizadas durante a semana do benestar levada a cabo neste centro.…

1 Proxecto Neo 450.14 - Programa Especial Saúde 1:00:22
1:00:22
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:00:22
Temos unha nova entrega de Rádio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado ao Plano de Obesidade. A primeira das entrevistas será con Alicia Rama García, traballadora social e Cristina Varela Penas, terapeuta ocupacional. Ambas, traballan na Rede Galega de Promoción de Saúde (REGAPS) sendo as Responsables da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. Con Alicia Rama e Cristina Varela conversaremos sobre unha das grandes pandemias do século XXI: a Obesidade. Inmediatamente a seguir falaremos con Catalina Caamaño Isorna, farmaceutica do Centro de Saúde de Burela. Con Catalina Caamaño conversaremos para sabermos mais sobre o papel dos medicamentos no tratamento da obesidade.…

1 Proxecto Neo 449.14 : MEL do TREVO 1:01:49
1:01:49
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:01:49
Os espazos colaborativos (A Noticia do Dia e Pilula das ciencias) abriron o programa 449 de Proxecto Neo. Inmediatamente a seguir viaxamos ate Viana do Bolo para conversarmos con Xulio Vizcaya e Ester Veiga, responsábeis de Mel do Trevo. Na primeira parte da entrevista conversamos co Xulio e a Ester sobre as súas orixes e o seu percurso vital e laboral. Na segunda parte abordamos como xurdiu o seu proxecto como apicultores. Falamos sobre os trámites necesarios para arrancar e de como evoluiu o proxecto.…

1 Proxecto Neo 448.14: Cristina Palacios Castro, Intercambio Xinzo de Limia, Viaxe ao Parlamento Europeo 1:03:14
1:03:14
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:03:14
A primeira das entrevistas é con Cristina Palacios Castro, traballadora social e docente, foi unha das fundadoras da Asociación Arelas coa que falamos de Arelas, asociación de familias de menores e mocidade Trans de Galicia que naceu en xullo de 2015 para loitar polos dereitos e dar a coñecer a realidade das crianzas e mocidade trans, nunha comunidade autónoma onde esta realidade permanecía agochada e invisibilizada. Inmediatamente a seguir falamos da primeira etapa do intercambio de lingua galega do IES Perdouro. O alumnado de 2º de ESO coñeceu os seus homólogos do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia. Xa na parte final do programa viaxamos ata o Parlamento europeu da man da Érica e da Nádia, dúas integrantes da massa coral Modelo Burela. Con elas conversamos sobre a intervención dos seus compañeiros do IES Monte Castelo que participaron nese espazo de representatividade da UE dentro do programa Euroescola.…

1 Proxecto Neo 447.14: Radio Saúde Burela; Cristina Cayón Pardo e Ana Fernández 1:03:03
1:03:03
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:03:03
Nova entrega do programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado ás Relacións Saudábeis. Mais antes de empezar coa sección das entrevistas, comezamos coma sempre o programa con tres espazos colaborativos: A Noticia do Día, un Entroido libre de plásticos e a Pílula das ciencias. A primeira das entrevistas foi con Cristina Cayón Pardo, a psicóloga do CIM de Burela, coa que conversamos sobre a importancia de detectar os sinais dunha relación tóxica. Inmediatamente a seguir falamos con Ana Fernández, matrona do centro de saúde de Burela e Ribadeo. Con ela conversamos para sabermos mais sobre saúde sexual. Aprendemos cales son as chaves para termos unha relación saudábel, respectuosa e segura co noso corpo.…

1 Proxecto Neo 446.14: Antonio Reigosa, Mónica Pazos, Fernando Losada 1:00:04
1:00:04
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:00:04
Como temos por costume, comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Día. Inmediatamente a seguir atendeunos ao teléfono Antonio Reigosa para falarmos dos 20 anos do Portal Galicia Encantada. Tamén falamos con Mónica Pazos, docente de Lingua e Literatura no Instituto Monte Castelo, en Burela. Con ela falamos sobre a convocatoria de Queremos Galego prevista para o próximo domingo día 23 de febreiro. Xa na parte final do programa conversamos co profesor de Bioloxía Fernando Losada con motivo da recente participación do alumnado do Perdouro nas Olimpíadas de Xeoloxía. Finalizamos o programa cunha pequena crónica da experiencia.…

1 Proxecto Neo 445.14: Radio Saúde Burela; Juan José Eiroa; Daniel Esteban Mejía; Arantxa Miguel. 1:03:18
1:03:18
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:03:18
Entraremos nun novo programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado aos tres eixos básicos para termos unha boa saúde: o exercicio físico, a alimentaçión e o sono. A primeira das entrevistas foi co médico Juan José Eiroa Bermudez, actualmente residente de terceiro ano de Medicina Familiar e Comunitaria no Hospital de Burela.Con Juan José Eiroa conversamos sobre a importancia da actividade física para a nosa saúde. Inmediatamente a seguir falamos con Daniel Esteban Mejia, cirurxán residente de primeiro ano en Medicina Familiar e Comunitaria na área sanitaria da Mariña.Con Daniel Esteban abordamos a importancia dunha boa alimentación para estarmos saudables. Xa na parte final do programa acompañounos no estudio Arantxa Miguel, médica do centro de saúde de Burela. Con Arantxa Miguel analizamos importancia do sono para o noso ben-estar físico e mental.…

1 Proxecto Neo 444.14: Sara Freijedo, Luis Ramilo e Marta Castro 1:01:30
1:01:30
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:01:30
Abrimos o programa cos espazos colaborativos A Noticia do Día, Horrorgrafía, Crónica dunha viaxe. Esta vez por Lugo e a súa arte urbana da man de Guido Álvarez Parga. Entrevistamos a Sara Freijedo dende Ourense. Unha nena de 9 anos que partilla as súas aficións. Despois de falarmos con esta aluna neofalante, conversaremos com Luis Ramilo sobre a reinterpretación da canción "Fábula dos coellos" de Ismael Serrano. Falou deste proxecto colaborativo levado a cabo polo Centro de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo, o IES Terra do Xallas de Santa Comba (A Coruña) e o IES Perdouro de Burela. Xa na parte final do programa conversamos con Marta Castro Alba, profesora de Lingua e Literatura galega que este ano está no IES Perdouro.…

1 Proxecto Neo 443.14: Manuel Mella e Tiziana Martínez (IES Marco Camballón); Iria Guerra Pérez; Amauri Cavalcante Pereira 58:41
Como temos por costume, esta tarde abrimos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir ouvimos a colaboración que nos enviaba o profesor Fernando Losada sobre o obradoiro de minerais impartido polo xeólogo Fran Canosa, o pasado dia 15 de xaneiro, no Perdouro. Imediatamente depois entramos na primeira entrevista da tarde onde conversamos con Manuel Mella e Tiziana Martínez Vallenilla, alunos do IES Marco do Camballón que están a participar na elaboración de unha antoloxía de cancións que son poemas. Despois de falarmos con estes dous alunos neofalantes, viaxamos a Viana do Bolo para falarmos con Iria Guerra Pérez, a neta de Nene. Conversamos con ela sobre a semente que deixou o seu avó. Xa na parte final do programa, o protagonista foi Amauri Cavalcante Pereira, alumno de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa. Con Amauri Cavalcante conversamos sobre como foi a súa chegada do Brasil á Mariña con só 11 anos. Falamos tamén de como foi a sua recente viaxe ao Brasil depois de estar tanto tempo fora.…

1 Proxecto Neo 442.14: Paco Rivas; Xosé Constenla; Lucía Fernández. 1:02:24
1:02:24
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:02:24
Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir conversamos con Paco Rivas, filólogo e escritor, orixinario de Cervo; e residente en NOIS. Con Paco Rivas conversamos sobre o seu último libro de haikus, poemas breves de orixe xaponesa. Despois de falarmos con Paco Rivas, viaxamos á montaña do Vicedo, No lugar do Xestoso, coñecemos o famoso teatro e tamén un artista convidado. O Teatro das Cortes consolidouse en 2024 como centro de interese cultural. Alí estivo o cantautor Xosé Constenla, con quen falou Bernardo Penabade, nunha entrevista improvisada. A protagonista do terceiro dos contidos foi Lucía Fernández, profesora de Lingua e Literatura Galega no Perdouro. Conversamos con ela e os seus alunos Uxía Cabarcos, Jorge Melo e Daniel Vázquez Longarela sobre un proxecto moi especial que están levando a cabo os alunos de 1º da ESO. Lucía Fernández (a profesora) e estes estudantes de 1º de ESO explicarannos este proxecto centrado nas cantareiras homenaxeadas co motivo do Día das Letras Galegas 2025. Falamos tamén de como está a ser o proceso de creación dunha pandeireta con material de refugallo coa colaboración do profesorado e alumnado do Ciclo de Mecanizado. Na parte final da entrevista abordamos cal é a meta deste proxecto tan ambicioso, que no mes de maio acabará coa interpretación dunhas coplas.…

1 Proxecto Neo 441.14: Viagem a Cabo Verde con Bernardo Penabade 1:04:31
1:04:31
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:04:31
Esta tarde tivemos un programa moi especial dedicado a Cabo Verde. Neste primeiro programa do ano 2025, conversamos con Bernardo Penabade sobre a súa viaxe a Cabo Verde no pasado mes de novembro. Conversamos con el sobre o ámbito do ensino e da cultura, tanto musical como literária, deste país lusófono. Acompañamos o seu percurso polas illas deste arquipélago para coñecermos un pouco mellor a cultura caboverdiana. Souberemos a súa impresión sobre o funcionamento das escolas de ensino primário de Porto Mosquito e Gouveia, a escola de ensino secundário do Salineiro e, aínda, da escola de Hotelaria e Turismo, onde desfrutou dun almorzo e ofreceu unha palestra sobre as migrações. Finalmente falamos sobre a súa visita á Universidade de Cabo Verde e a palestra que ali ofereceu. Tamén conversamos sobre o seu encontro persoal co Presidente da República, após a asistencia ao lanzamento do seu libro. Falamos tamén da súa visita a Achada Falcão, símbolo da resistencia camponesa; xénese da independencia de Cabo Verde. Xa na parte final do programa abordamos o ámbito literario através dos seus encontros con Analina Rocha e Joaquim Arena.…

1 Proxecto Neo 440.14: Radio Saúde Burela: Consellos para unhas festas saudables. 1:01:27
1:01:27
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:01:27
Abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e Horrografía. Xusto a seguir iniciamos o último programa do mes cunha nova entrega de Radio Saúde Burela que esta tarde puxo o foco en orientarnos para podermos gozar dunhas festas responsables. O fereceunos a visión panorámica Maite Lanza, da Unidade de Drogodependencia, e colaboradora habitual do programa. Con Maite Lanza falamos sobre o traballo que desenvolve esa Unidade no ámbito da Mariña. Inmediatamente a seguir, falamos con Montserrat Corral Varela, profesora de Neuro Psicoloxía na faculdade de Psicoloxía, na Universidade de Santiago. Coa Doutora Corral abordamos como afecta o consumo de drogas ao cerebro, principalmente na adolescencia. Xa na parte final, tamén nos acompañou no estudio José Luis Fernández Fernández, médico de familia no Hospital da Costa. O Doutor Fernández falaounos dos riscos directos e indirectos para a saúde provocados polo consumo de diferentes drogas.…

1 Proxecto Neo 439.14: Manuel Rivero; Ana Carreira; Xulio Oitavén. 1:01:54
1:01:54
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:01:54
Como temos por costume, abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e A pílula científica Comezamos o programa desta tarde conmemorando o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares de Galicia cunha entrevista a Manuel Riveiro. Con quen falamos sobre o seu libro “Universo Aurora Sampedro”, onde fai un repaso sobre a vida desta científica mariñá. Inmeditamente a seguir estivemos con Ana Carreira, con ela conversamos sobre o obradoiro de escrita creativa que impartiu no pasado 16 de novembro no Perdouro. O obxectivo dese obradoiro foi elaborar un manifesto que, xunto con outros, servirán de base para que Maria Lado redacte o manifesto final do Correlingua do ano 2025. Xa na parte final do programa desta tarde acompañounos novamente no estudio, Xulio César Ares Oitavén. Con el conversamos hoxe sobre as súas prácticas deportivas: o enduro e a pesca submarina.…

1 Proxecto Neo 438.14: VioXen; Alicia Lage; Xulio César Ares Oitavén. 1:01:34
1:01:34
Αναπαραγωγή αργότερα
Αναπαραγωγή αργότερα
Λίστες
Like
Liked1:01:34
Comezamos o mes de decembro facendo divulgación das actividades celebradas á volta do 25 N. A primeira delas chegou do profesor Fernando Losada, unha crónica introducida por Miriam Beizena Vigo e realizada polo alunado de 1º de BAC que viaxou a Santiago de Compostela para participar nun acto institucional organizado pola Consellería de Igualdade. Inmediatamente a seguir ouvimos unha entrevista con integrantes de VioXén, o Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero. Os alumnos de 4º PDC conversaron con María del Mar e Francisco Javier, que nos explicaron o seu labor neste ámbito. A segunda parte do programa desta semana estivo dedicado á educación na diversidade. Para falarmos do tema, contamos no estudio con dous convidados: Alicia Lage e Xulio César Ares Oitavén. Con eles conversamos sobre as súas funcións na atención á diversidade no ámbito da educación.…
Καλώς ήλθατε στο Player FM!
Το FM Player σαρώνει τον ιστό για podcasts υψηλής ποιότητας για να απολαύσετε αυτή τη στιγμή. Είναι η καλύτερη εφαρμογή podcast και λειτουργεί σε Android, iPhone και στον ιστό. Εγγραφή για συγχρονισμό συνδρομών σε όλες τις συσκευές.