Radio Galega δημόσια
[search 0]
Περισσότερα
Download the App!
show episodes
 
Artwork
 
Cada programa dedica unha hora a afondar nun acontecemento ou un ámbito da historia galega, dende personaxes a catástrofes e pasaxes bélicas. Dirixe Isabel Freire. Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/arredor-de-nos
  continue reading
 
Loading …
show series
 
Os maquis, tamén coñecido como a guerrilla, foi o conxunto de movementos guerrilleiros antifascistas que comezou durante a guerra civil. O case inmediato estalido da segunda guerra mundial sorprendeu moitos excombatentes republicanos en territorio francés. A partir de 1944, cos exércitos alemáns en retirada, moitos destes guerrilleiros reorientaron…
  continue reading
 
Polos camiños da historia 16 - A guerra civil e o franquismo (s. XX) [wikipedia] A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vit…
  continue reading
 
As Irmandades da Fala e o Partido Galeguista (s. XX) [wikipedia] O 5 e 6 de decembro de 1931 o Partido Galeguista de Pontevedra convoca a VII Asemblea Nacionalista co propósito de crear un partido nacionalista. Á convocatoria acoden 32 grupos e irmandades, entre os que destacan o Grupo Autonomista Galego de Vigo, Labor Galeguista e o Partido Nazona…
  continue reading
 
O Agrarismo e as Irmandades da Fala (s. XX) [wikipedia] O Agrarismo foi un movemento reivindicativo de masas no cal o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e de sindicatos agrícolas no primeiro terzo do século XX. O agrarismo é o termo co que se denomina a organización dos labregos en sociedades agrarias ou en sindicat…
  continue reading
 
O Rexionalismo e o Caciquismo (s. XIXI) [wikipedia] O rexionalismo supón unha fase intermedia no proceso evolutivo do galeguismo, xa que se sitúa a medio camiño entre o movemento galeguista anterior (o provincialismo) e o posterior (o nacionalismo). *Eugenio Montero Ríos *Manuel Murguía Polos camiños da historia do día: 11/08/2018 Fonte do audio: h…
  continue reading
 
O Provincialismo e o Rexurdimento (s. XIX) [wikipedia] Rexurdimento é o nome co que se coñece o século XIX na historia de Galiza e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en 1863 de Cantares gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Re…
  continue reading
 
Polos camiños da historia 11 - A guerra de independencia e a revolución industrial (s. XVIII-XIX) [wikipedia] Coñécese como guerra da Independencia española ou Francesada o conflito armado que, entre 1808 e 1814 sacudiu a Península Ibérica como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. O Levantamento…
  continue reading
 
Arredor de nós: Picadillo e outros mundos Manuel María Puga y Parga, coñecido como Picadillo, nado en Santiago de Compostela en 1874 e falecido na Coruña o 30 de setembro de 1918, foi un escritor, gastrónomo e político galego. Emitido: 2018/09/26 Fonte do audio: https://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/arredor-de-nos…
  continue reading
 
Os austrias e a ilustración (s. XVI - XVIII) [wikipedia] O movemento da Ilustración en Galicia desenvolveuse, coma no resto de Europa, no século XVIII, e representou un novo interese polas ideas empíricas na filosofía, na política económica ou nas ciencia. Neste contexto comezou un proceso de construción e recuperación da conciencia da personalidad…
  continue reading
 
Os reis católicos e a doma de Galicia (s. XV - XVI) [wikipedia] "doma y castración" foron un conxunto de feitos separados e que non todos foran influenciados polos reis Católicos: O declive da literatura galego-portuguesa de arredor do ano 1350. A centralización administrativa e o control do Reino de Galiza que se dá como finalizada, esta si, coa v…
  continue reading
 
Os Castro e as guerras Irmandiñas (s. XIV-XV) [wikipedia] Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira …
  continue reading
 
Afonso X e a Peste (s. XII-XIV) [wikipedia] Afonso X, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221[1] e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León. É recoñecido pola súa obra literaria, científica, histórica e xurídica realizada polo seu escritorio real. Afonso X patrocinou, supervisou e, moitas veces, participou coa súa propia es…
  continue reading
 
Eclosión das cidades e a lírica medieval (s. XII - XIV) [wikipedia] A literatura galego-poruguesa é aquela escrita en galego-portugués en diversas zonas da Península Ibérica entre os séculos XII e XV. Esta inclúe lírica sacra e profana e diferentes tipos de prosa. Entre os séculos XII e XIV floreceu no occidente da Península Ibérica un movemento po…
  continue reading
 
A era compostelá e o nacemento de Portugal (s. XI-XII) [wikipedia]A Era Compostelá ou Época de Xelmírez foi unha das época de maior brillo e de maior desenvolvemento económico da historia de Galiza. Desenvolveuse durante o século XII, a raíz do período de rexencia do Arcebispo Xelmírez da cidade de Santiago de Compostela. A Era Compostelá parte do …
  continue reading
 
O feudalismo, os foros e os mosteiros (s. IV - X) [wikipedia] O termo feudalismo é o sistema político, económico e social creado durante a Idade Media na Europa onde o señor proporcionaba protección aos seus vasalos a cambio de tributos e traballos nas súas terras. Os señores feudais eran nobres ou membros da Igrexa e tiñan unha relación de depende…
  continue reading
 
O reino Suevo (s. V - VI) [wikipedia] O reino suevo configúrase como a estrutura política máis antiga das actuais rexións da Galiza e o norte e centro de Portugal despois da caída do Imperio Romano. É o primeiro estado medieval, e o primeiro en separarse do Imperio Romano e cuñar moeda. Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da P…
  continue reading
 
A romanización e a cristianización (s. I-IV) [wikipedia] O comezo de romanización de Galicia adóitase datar na expedición de Décimo, o Gallaico, e o seu fito de atravesar o río Lethes ou do olvido (o Limia). Porén, o noroeste peninsular non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do século I foise estabelecendo un comercio, princip…
  continue reading
 
A cultura castrexa (s. I) [wikipedia] A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros, dos que toma o nome; só reciben o nome de cita…
  continue reading
 
Arredor de nós: Piratas e corsarios Emitido: 2018/02/17 Benito Soto Aboal, nado na Moureira (Pontevedra) o 22 de marzo de 1805 e falecido en Cádiz ou en Xibraltar entre 1830 e 1833, foi un pirata galego con sona de acadar grandes cotas de crueldade. Moitos datos da súa biografía son confusos e existen fontes contraditorias sobre eles Fonte do audio…
  continue reading
 
Arredor de nós: Concepción Arenal Emitido: 2018/03/17 María Concepción Jesusa Petra Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española. Fonte do audio: ht…
  continue reading
 
Prisciliano, nado no ano 340 e axustizado en Tréveris en 385, foi un relixioso heresiarca galaico, concretamente galaico-romano, aínda que non se coñece exactamente se foi nado na Gallaecia ou noutro lugar. É alcumado de galaico ben por nacemento ou pola exitosa propagación e persistencia da súa herexía e adeptos neste territorio. Fonte do audio: h…
  continue reading
 
Emitido: 2017/12/16 Coñécese como gripe de 1918 unha pandemia de gripe que afectou a todo o planeta precisamente cando remataba a primeira guerra mundial e matou a 50 millóns de persoas, un número tres veces maior que o de baixas na guerra. Ignórase onde apareceu o virus, pero as primeiras noticias sobre a súa intensidade publicáronse en xornais es…
  continue reading
 
Emitido: 2017/11/25 Fai agora cen anos, en Galicia asistíase á floración e ao desenvolvemento dunha das experiencias de escolarización popular máis xenuínas e senlleiras de cantas se teñen rexistrado na súa historia. Esta iniciativa agromaba nos escenarios da emigración transoceánica, impulsada polas sociedades de instrución que comezaran a tomar c…
  continue reading
 
Arredor de nós: María Soliño Emitido: 2017/12/09 María Soliño ou tamén María Soliña, nada no século XVI en Cangas, foi unha muller condenada polo tribunal inquisitorial acusada de practicar bruxería. Tras a súa morte, converteuse nun símbolo do sufrimento do pobo. Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/arredor-de-nos…
  continue reading
 
Arredor de nós: Historia do cine en Galicia I Emitido: 2017/09/09 José Sellier Loup, nado en Givors o 13 de agosto de 1850 e finado na Coruña o 21 de novembro de 1922, foi un fotógrafo galego de orixe francesa, pioneiro do cinema en Galicia. Xosé Gil Gil, nado en Barxa (Rubiós, As Neves) o 3 de abril de 1870 e finado o 1 de xaneiro de 1937, foi un …
  continue reading
 
Arredor de nós: Estanislao Reverter, o pai do automobilismo galego Emitido: 2017/08/13 Estanislao Reverter Sequeiros, nado en Ourense o 1 de outubro de 1929 e finado o 3 de febreiro de 1991, tamén coñecido como Lalao, foi un político de UCD, piloto de rally, impulsor do Rally de Ourense, director da Escudería Ourense, construtor do Renault Alpinche…
  continue reading
 
Arredor de nós: Galicia na II Guerra mundial. Unha ruta para escapar Emitido: 2017/07/09 'Estación Libertade' é o nome clave que tiña a estación de Ribadavia na II Guerra Mundial nos anos 40, que é cando as irmás Touza levan a cabo todo este labor humanitario, xogándose o pelexo para pasar a uns 500 refuxiados, a maioría deles xudeus, a Portugal pa…
  continue reading
 
Arredor de nós: Alejandro Finisterre, o creador do futbolín Emitido: 2017/07/02 Alejandro Campos Ramírez, coñecido como Alexandre de Fisterra, nado en Fisterra o 6 de maio de 1919 e falecido en Zamora o 9 de febreiro de 2007, foi un editor, escritor, inventor, republicano e testamenteiro de León Felipe. Foi o inventor do futbolín. Fonte do audio: h…
  continue reading
 
Arredor de nós: Os viquingos en Galicia Emitido: 2017/06/25 A presenza de viquingos en Galiza tivo lugar entre os séculos IX e XII, cando estes deviran unha potencia naval e militar, lanzando expedicións de saqueo e conquista polo océano Atlántico e subindo polo leito dos ríos até as cidades que pretendían saquear Fonte do audio: http://www.crtvg.e…
  continue reading
 
Arredor de nós: Reveriano Soutullo, , o león de Redondela Emitido: 2016/07/17 Reveriano Soutullo Otero, nado en Ponteareas o 11 de xullo de 1884 e finado en Vigo o 29 de outubro de 1932, foi un compositor galego de pasodobres e zarzuelas. Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/arredor-de-nos…
  continue reading
 
Arredor de nós: Antolín Faraldo Emitido: 2016/07/10 Antolín Faraldo Asorey, nado en Betanzos o 2 de setembro de 1822 e finado en Granada o 20 de xuño de 1853, foi un escritor e xornalista galego e un dos pais do movemento provincialista galego da primeira metade do século XIX. Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/arredor-de-nos…
  continue reading
 
Loading …

Οδηγός γρήγορης αναφοράς